Deputación de Ourense

Área de Benestar

Rúa do Progreso 32500

988317762

Persoas beneficiarias.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas do Programa EmprendOu, aquelas que, a partir do 8 de Xaneiro de 2019, inicien actividades empresariais ou profesionais por conta propia cumprindo cas seguintes características á data de alta:

 Idade.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos.

Demandante de emprego.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas que proveñan dunha situación de desemprego. 

Empadroamento.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas empadroadas nalgún municipio dos que figuran como “municipios elixibles”.

FSNGX.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmpregOu as persoas que previo a alta figurasen inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Alta.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas dadas de alta nalgún réxime da Seguridade Social por conta propia ou nunha mutualidade profesional como exercente con posterioridade ó 8 de xaneiro de 2019.

Centro de traballo.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas que establezan o Centro de Traballo nalgún municipio dos que figuran como “municipios elixibles”.

Entenderanse incluídas como persoas beneficiarias as que, cumprindo os requisitos anteriores, exerzan a súa actividade por conta propia a través dunha sociedade civil, comunidade de bens ou entidade mercantil, que terán que solicitar acceso a estas axudas a título individual.